O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 20 de março de 2011

Presentación do libro "Rianxo na súa historia : consecuencias da Guerra Civil (1936-1939)"



Achegamos nota de prensa sobre o acto de presentación do libro Rianxo na súa historia : consecuencias da Guerra Civil (1936-1939) , do que son autores os rianxeiros Xosé Comoxo e Xesús Santos.


O acto vaise celebrar o sábado, día 26 do mes de marzo, nos locais da Escola da Igrexa de Calo, ás 20,30 horas.

Agardamos a súa asistencia, e agradecemos a difusión desta nota.

Un cordial saúdo,
Pola directiva da Oliveira.



Nota de prensa

A Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial de Teo, A Oliveira, ten o pracer de avisar do acto de presentación do libro Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939), editado pola Deputación da Coruña, do que son autores Xesús Santos e Xosé Comoxo.

O acto vaise celebrar nos locais da escola da Igrexa de Calo, rehabilitada para actividades culturais, o día 26 de marzo do ano que andamos, ás 20,30 horas.

Un dos autores do libro, Xesús Santos, é coñecido de vello en Teo, pois exerceu como profesor de Lingua Galega no Colexio Público de Calo durante máis de vinte anos. Ademais da súa actividade docente, da que hoxe está retirado, é autor e actor de teatro, na actualidade o máis lonxevo dos que se dedican ao teatro afeccionado en Galicia, a parte das súas incursións na poesía e noutros eidos da Literatura. Unha das súas preocupacións constantes é a da recuperación da Memoria Histórica, especialmente a da bisbarra do seu Rianxo de orixe.

Froito destas inquietudes é o interesante blog que trata aspectos diversos da Historia de Rianxo(http://rianxeiros.blogspot.com/), as súas publicacións varias, e este libro que presentaremos en Calo, o segundo dunha triloxía que vai abranguer República, Guerra e Franquismo.

Xosé Comoxo, pintor, tamén da vizosa terra de Rianxo, fértil en persoas letradas, é coautor deste libro e doutros que tratan de Heráldica, da biografía do xornalista republicano Arcos Moldes, de estudos históricos diversos e do blog que se cita anteriormente.

Na Oliveira de Teo estamos encantados de recibir estes dous estudosos, para estreitar azos con quen se preocupa con rigor e seriedade pola recuperación da nosa memoria, e agradecemos fondamente que aceptasen o noso convite para compartir connosco a súa sabedoría rianxeira.

Encadramos este acto dentro do obxectivo da nosa asociación de tirar á luz feitos do noso pasado que se queren ocultar. Se citamos a un dos nosos convidados, o propio Xosé Comoxo, coincidimos con el en que: «A memoria histórica non pode comezar en 1936 e rematar tres anos despois, como se pretende por parte dalgúns e por intereses concretos».

Nenhum comentário:

Postar um comentário