Captura de pantalla da web do Concello de Ferrol, (a cor é da caché)
Ante a desagradable mensaxe recibida por un veciño de Ferrol acusandome de plaxio (perigosa palabra para quen a emprega), e tamén de "manipular a noticia" cambio a foto colleita de Google imagenes, que de saber que era deste mozo desde logo non a utilizou, quéixase do devandito anteriorme e de que recortei unha foto realizada por el, a cal era do Alcalde de Ferrol na inauguración da Xornadas republicanas de abril deste ano, na cidade. As ameazas recibidas en nome de dúas asociacións tomareinas de forma individual posto que me informaron que este mozo non pertence á Xunta Directiva de ningunha das dúas entidades que nomea e polo tanto non teño eu por que involucralas.
O esquecemento da fonte do texto pola miña banda e moitas doses de rancor recibidas sen ningunha necesidade, pero curiosamente non só eu fun atacada, se non unha persoa que xa non vive, nin el nin ningún da familia próxima, só sobriños ferroláns e vigueses...
Non é a primeira vez que Manuel Barreiro Rey recibe ataques por parte de veciños da súa propia cidade, hai un especial interese por ocultar a esta vítima, desde estas liñas infórmolles a todos os que pensen igual que xa o matarón o 14 de abril de 1939, acusado en solitario de promotor da rebelión no buque "Almirante Cervera", acusación que non tenia posibilidade de conmutación de Pena de Morte, como outros compañeiros de Sumario puideron recibir, acusados de rebelión.
Outras acusacións que constan no Sumario 39/36 de Ferrol son a de tomar unha terraza, abrir a porta da Construtora para que a poboación civil axudase na resistencia á captura dos buques por parte dos sublevados, ir ao concello e ofrecerse ao alcalde, e un dos argumentos usados contra el foi que habia sido instrutor de analfabetos na Escola de Tiro Naval "Janer" en Marín nos tempos felices da República.
Manuel fué con tan só 23 anos, encarcerado o 21 de xullo de 1936 e fusilado case tres anos despois, antes de cumprir os 26.
Tres anos de carcel escoitando os fusilamentos sumariales e por paseos nocturnos cada madrugada no campo de concentración da "Escollera" dentro do Arsenal Militar de Ferrol. Tamén estivo prisioneiro segundo íano trasladando nas adegas dos buques prisión "Plus ultra" e "Contramaestre Casado" as condicións de vida podémonolas imaxinar, tamén sufriu dous meses incomunicado, situación na que consta documentalmente que só sufriu el, aparte os informes de Institucións Penais nas que relatan as horas de entrada e saída aos interrogatorios...¿como eran os interrogatorios?, pois cada un que pense o que poida...9 meses baixo Pena de Morte esperando que fose calquera día e para rematar sucedeu, executaron a súa condena ao alba.
Escribiu dúas cartas de despedida e nunha delas dirixida aos seus pais e irmáns, os cales nunca superaron a perdida nin superaron eses tres anos de sufrimento, di: "voume sen odiar a ninguén". Polo costado engadiu: "Esta carta estaba escrita onte 12 pois crin que sería o meu último día".
Manuel foi borrado dúas veces dunha mesma páxina web, páxina que ninguén da familia pediu que o incluísen.
É vítima non só do franquismo se non do intento de ocultar a súa existencia, de que volva ao esquecemento ao que non vai xa nunca máis a volver, pero o máis curioso destes feitos son que proveñen da cidade na que el naceu, e que defendeu, e por esta defensa matárono.
Ferrol librouse fai moitos anos do pseudónimo "do caudillo" pero agora no século XXI hai individuos capaces de sentir a propiedade da cidade, clikear na etiqueta desta páxina "Ferrol" e usmear a ver que se di e déixase de dicir, non precisamente para informarse ou considerar ata que non é unha cidade esquecida por unha persoa que ten as súas raices e os meus defuntos en devandita cidade, por non dicir a todos os curmáns Barreiro, (sobriños de Manuel) que por sorte vivimos case todos.
Todo esta demostración de rancor demostrada nun blog local no que verte as súas acusacións e ameazas infundadas, no que curiosamente o persoal di "soy bloguero, soy libre" pois lle felicito por ser libre...pero parece que o concepto de liberdade é moi peculiar...
Manuel, non puido ser libre...
Estes ataques recibidos desde xente que aparenta ser de esquerdas son curiosos dun estudo sociolóxico, todavia non recibín ningún da extrema dereita.
Para rematar invitar ao feliz bloguero que se non vén á miña cidade de residencia facer turismo obrigado polas acusacións e ameazas vertidas pode aproveitar a decirmelo en persoa no mesmo Ferrol xa que en breve estarei alli só ten que dicir o lugar e a hora...
A culpa de todos estes desmáns tena un estado corrupto que non fai Xustiza coa s vítimas do fascismo español e as familias temos que soportar estes atropelos.
Na páxina de Homenaxe á súa Memoria podeis ver como logo de morto a un hai quen se segue ensañando nel. Na columna da dereita un logo en cor rosa. O blog onde verte as acusacións é outra do mesmo autor a cal non teño ningunha intención en dar a coñecer fóra dos seus amigos.
Curiosamente esta noticia é a máis próxima á Homenaxe da súa 72 aniversario, a 4ª e a 5ª
Mª José Barreiro López de Gamarra
Curiosamente esta noticia é a máis próxima á Homenaxe da súa 72 aniversario, a 4ª e a 5ª
Mª José Barreiro López de Gamarra
Familiar de fusilados
Nenhum comentário:
Postar um comentário