Traducción Estación Atlántica
El País edición impresa CARMEN QUINTELA - Santiago - 4/5/2011
"A miña obsesión non é contar as batallas do meu pasado, senón mirar ao presente, ao futuro". Francisco Martínez López, Quico, leva toda a súa vida, 86 anos de guerrilleiro republicano, loitando polo que fai tempo bautizouse como recuperación da memoria histórica, recordos que o maquis tacha de "cativos". En Guerrilleiro contra Franco. Guerrilleiro contra o esquecemento, cuxa presentación protagonizou onte na librería Couceiro de Santiago, Quico conta as súas vivencias na loita antifranquista, en León primeiro e no seu exilio en Francia despúes. Aínda así, a finalidade deste libro non é contar a historia dos seus anos de loita. "Iso non é o importante", afirma con rotundidade Quico. "Cando conto os relatos da miña vida, fágoo para pór en claro a dignidade dos meus compañeiros".
Quico pertence ao grupo dos afortunados. "Ao meu tocoume ser dos sobreviventes", di, e por iso leva toda a súa vida "reivindicando a dignidade de todas as persoas que sufriron a represión do franquismo". "España é o único país de Europa no que os crimes contra a humanidade non prescribiron" , afirma Quico. "O que hai que facer é xulgar o franquismo".
Para el, "o combate non terminou" e non o fará ata que se consiga "outro tipo de sociedade, unha sociedade de transparencia". "Non basta coller un mártir e dicir que o enterramos con dignidade", reivindica. Os maquis ían "á morte a loitar por algo", e por iso Quico cre que "non merecen o esquecemento". "Teño a obrigación de contar o que pasou para que o saiba a sociedade e despois juzge, pero que o faga desde o coñecemento".
Nenhum comentário:
Postar um comentário