Hoxe, venres 6 de maio ás 11.00 horas, na Sala de Prensa do Ministerio de Justicia, terá lugar o acto de presentación do Mapa de fosas da Guerra Civil instalado na Web da memoria histórica posta en marcha polo Goberno.
O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" asistirá a dito evento, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaria de Justicia en materia de localización dos lugares de morte e enterramentos no caso da xeografía galega. Así, o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, publicará nos próximos meses en internete, distintos mapas nos que se reflectirán a represión franquista en Galicia. Así os lugares de morte e lugares de enterramento poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información.
Neste acto, presentarase igualmente, a publicación (formato CD) do Ministerio de Justicia, da recompilación da normativa promulgada en materia de Memoria Histórica.
Agardamos que esta información sexa de interese.
Grazas e un saúdo cordial
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598 +34 881 813598
Nenhum comentário:
Postar um comentário