O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 22 de agosto de 2011

Lalín homenaxea o sábado ao alcalde Ferreiro aos 75 anos da súa morte


Homenaxe ao alcalde no cemiterio de Soutolongo no ano 2010
Foto Bernabé/J.Lalín



Lalín / a Voz  21/8/2011
A Asociación Cultural Manuel Ferreiro, con motivo do 75 aniversario da morte do alcalde Ferreiro, celebrará o vindeiro sábado día 27 un acto de homenaxe para recordar a súa figura e as vítimas da represión franquista en Lalín. Será a partir das 13.15 horas na Praza do Concello antigo, nun acto que está aberto ao público en xeral e ao que foron invitados o alcalde José Crespo e a corporación municipal.

A homenaxe contará coas intervencións de Manuel Igrexas, Marta Negro que lerá un poema de Vázquez Pintor para o evento, xa que el non pode asistir por motivos persoais, Celso Fernández, Chus Pato, Ignacio Vilariño e Benxamín Otero.

52 asasinados

A continuación descubrirase unha réplica da placa de bronce que está na Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires, que a Unión do Partido de Lalín instalou en 1954 en homenaxe a quen caeron «en defensa da liberdade da República Española e os dereitos humanos»: nela figura unha listaxe de 52 persoas, co seu respectivo cargo e profesión agrupados por municipios «asasinados por pensar e desexar para todos un mundo mellor», reza a placa; haberá ofrenda floral ante a placa, e Alberto Granxa interpretará o himno galego.

Os actos concluirán coa tradicional comida



Nenhum comentário:

Postar um comentário