O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 7 de agosto de 2011

"Facianas da represión franquista na Terra de Montes"


Amigas e amigos:
Desde a asociación Verbo Xido de Terra de Montes achégovos unha das fotos que forman parte da publicación que se vai presentar o día 13 de agosto, "Facianas da represión franquista na Terra de Montes", realizada polo historiador Dionísio Pereira e por Xosé Ramón Paz Antón, exdiputado no Parlamento galego do BNG e actual concelleiro no Porriño, que nos últimos tempos traballa na elaboración dun arquivo fotográfico de Memoria Histórica a nivel galego.

No acto que terá lugar no Centro Cultural de Cerdedo ás 19,30 horas, tamén intervirá o historiador estradense Xoan Carlos Garrido, coordinador de Iniciativa Galega pola Memoria, actual punto de encontro das asociacións que traballan neste eido no noso país, que presentará unha iniciativa a prol da erradicación da simboloxía franquista no territorio galego.

Posteriormente ao acto, no que se repartirá de balde a publicación entre a asistencia, iremos ás 20,30 horas apróximadamente á Ponte do Barco en Pedre para homenaxear ás vítimas cerdedenses da represión franquista e alí contaremos cunha colaboración moi especial como é a de Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda, asasinado como é sabido na Caeira (Poio) o 17 de agosto do 36, que porá o remate a esta xornada de recoñecemento ás vítimas inxustamente esquecidas e non recoñecidas xurídica e, decote, socialmente como tais.

Na foto podedes ver a Jose Mª. Taberneiro Fraíz de Vilapouca (Soutelo) durante os anos 20, xunto con outros compañeiros na entrada da mina de carbón de Indiana (EEUU) onde traballaban. Taberneiro, foi "paseado" a carón doutros tres compañeiros de Soutelo e Cerdedo na noite do 11 de agosto de 1936.

Agardamos, outro ano máis, o voso apoio e a vosa asistencia.

Un saúdo.

Lola Varela.
Presidenta da Asociación Verbo Xido

Nenhum comentário:

Postar um comentário