O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 12 de agosto de 2011

Actos do Día da Galiza Mártir 2011



No 75 aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda

Inscrición no Xantar do Premio Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica á "Sempre con vóis, cidadanía pola verdade" de Pontevedra na persoa de Xosé Álvarez Castro

Informamos que o vindeiro 17 de agosto se conmemora o Día da Galiza Mártir (aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira) para o que está previsto o seguinte programa de actividades.

• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.

No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:

Luciano Sobral (Alcalde de Poio)

Fernando Quintela (Presidente da Fundación A. Bóveda)

Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)

Amalia Bóveda (En representación da Familia)

Xosé Álvarez (Asociación “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”)

• 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO VI PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA á Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo” que difunde a historia da represión nesta comarca.

No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.

As persoas interesadas en anotarse para o xantar, poden facelo na seguinte ligazón:

• 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA

No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)

- Carme Blanco

Profesora da USC, ensaísta e poeta. Da asociación para a Dignificación das vítimas do franquismo” de Lugo

Inscrición no Xantar do Premio Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica

O menú será de entrantes (xamón, empanada, tortilla e croquetas de marisco), vieiras con xamón, terneira asada con menestra de verduras, xelado de turrón sobre crema inglesa, café, licores; e para beber, viños Ribeiro, Mencía, auga e refrescos. Prezo 20 €

Nome *
Apelidos *
Teléfono
Correo electrónico
Enderezo *