O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 26 de agosto de 2011

O BNG promoverá que Franco deixe de ser alcalde honorario de Lugo


25-08-2011 / EFE
Os nacionalistas presentaron varias mocións no pleno municipal con esta finalidade, case sempre coincidindo co aniversario da morte de Franco, porque opinan que é unha "cuestión anacrónica e inaceptable en democracia, que vai contra a Lei de Memoria Histórica".

O Caudillo foi nomeado alcalde honorario da cidade de Lugo en dúas ocasións, en 1939 e en 1942, e rexedor "perpetuo" en 1954, polo que os nacionalistas alegaron que non se trata de "facer revisionismo da historia", senón de "normalizar a vida democrática", pois esas referencias teñen que estar "nos libros" pero non "presidindo unha corporación", engadiron.

En declaracións a EFE, a concelleira Paz Abraira anunciou que o BNG vai velar polo cumprimento dese acordo plenario", pero tamén recoñeceu que "haberá que ver cales son administrativamente os trámites que hai que seguir para retirarlle esa distinción".

De feito, precisou que "os propios concellos non saben moi ben o que hai que facer para eliminar esas mencións honoríficas".

"Imos traballar para que se elimine esa distinción a un ditador que non se merece tela, pero teremos que ver co novo secretario como temos que actuar neste asunto e noutros que teñen que ver coa Lei de Memoria Histórica no noso municipio", indicou.

Segundo Abraira, "o BNG, loxicamente, leva no seu programa de goberno o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e, ademais, o acordo subscrito co PSDEG-PSOE no Concello de Lugo para este mandato contempla tamén este asunto".

Na mesma liña, recordou que "aínda queda un asunto pendente, que xerou certa polémica", relacionado co nome das rúas da cidade, que "será abordado a partir do mes de setembro, cando todo o mundo estea incorporado nos seus labores, para ver como imos aplicando de xeito progresivo esa Lei de Memoria Histórica".

Nenhum comentário:

Postar um comentário