O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 13 de agosto de 2011

Francisco Franco deixará de ser alcalde honorario do Concello de Cee

Cee / a Voz 12/8/2011 -
No libro das festas da Xunqueira, o bibliotecario de Cee, José Ramón Rei Senra, reproduce un acordo plenario tomado na localidade, por aclamación, o 18 de xuño de 1939. Aquel día, toda a corporación acordou nomear alcalde honorario do municipio a Francisco Franco.

Así aparece recollido nas acta da sesión. Tras ter noticia de tal decisión, o goberno local decidiu, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, levar a pleno de novo ese nomeamento, agora para retirarlle esa honra.

Os nacionalistas reclamaron no seu día que, seguindo o ditado da mesma lei, cambiáseselle o nome ao colexio Eugenio López, algo que aínda non se fixo en Cee.

Nenhum comentário:

Postar um comentário