O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 20 de setembro de 2011

Vigo ten unha cruz gamada á beira do Concello

A cruz diante da torre do Concello

(Texto do xornalista Gustavo Luca de Tena que el mesmo leu na concentración que tivo lugar o
pasado mércores día 14 para exixir que se derrube a Cruz dos Caídos do Castro)

Desconfien do valor de cruz cristiana que algúns oportunistas queren darlle: os que levantaron este monumento hai cincuenta anos, explicaran con radical claridade o que pretendían simbolizar. Non deixaron nin sombra de dúbida de que exaltaban a vitoria pola forza contra os dereitos e as liberdades democráticas, a licencia para a eliminación física do adversario; de que celebraban con este emblema o privilexio, o secuestro de Galiza e a negación da súa indentidade nacional, a exclusiva da representación da maioria, sen lle recoñecer á maioria o dereito a ser consultada.

Chantárona en homenaxe á censura e ao secuestro da información. Unha cruz para ensalzar o terrorismo, entendido como dereito de tirarlle a vida aos homes e mulleres que non pensaren coma eles, e prolongado ainda como prerrogativa para condenar aos familiares dos matados ao ostracismo social, a exclusión, ao exilio, a marxinación estigmática, de maneira que o castigo non rematase coa vida espiada.

Por iso a chamamos cruz gamada.

As organizacións e as persoas que suscribimos esta convocatoria, reclamamos a desaparición deste infame monumento que ofende á cidade á beira do seu máis alto símbolo de governo democrático como é o Concello.

Ao cabo de catro anos de vigor dunha Lei da Memoria Histórica insuficiente pero imprescindíbel, non pode haber razóns que impidan a retirada da insignia fascista. Coa Lei na man, o Concello ten faculdade soberana para borrar o mausoleo da Ditadura. O alcalde, señor Caballero Alvarez, ten a obriga de defender a Democracia e non debe demorar máis a atención a esta demanda, expresada repetidamente pola cidadanía.

Derrubemos a cruz gamada!

Nenhum comentário:

Postar um comentário