NOTA DE PRENSA
A
“ CRUZ DO CASTRO “
NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013
Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA
HISTORICA DO 36 “, recoñecida como”Viguesa
Distinguida “ polo Concello de Vigo que co respaldo das asinaturas de 4041 vigueses e viguesas e colectivos
cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento
franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da
Memoria Histórica” quere amosar a súa
satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase no pleno municipal do pasado nove de setembro.
Porén,
a nosa Asociación non pode por
menos que amosar a súa máxima
preocupación logo de que, nese mesmo
pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font, fixera publico a existencia dun pacto,
digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non
proceder ao derrubamento da citada cruz.
Tal
sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que,
por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a
todas e todos os vigueses en xeral: un, qué
negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,
onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero
as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten
que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que
ademais é propiedade do Concello ? .
Na
Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36 pensamos que a cidade de Vigo, como todas as
cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á
cidadanía, e no por medio de pactos
secretos propios de formas de gobernos autocráticos.
Non é o
noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre
lembrar que os cargos públicos deben dar
conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que
empregar a Sra. Carmela Silva e o Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros do PSOE - para explicar a abraiante contradicción que existe entre ter
apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa
esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?
Asemade, tamén queremos
agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado, que
a Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao
titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha
cruz cristiá, tal como afirma o Concello. Compre sinalar que, a día de
hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha
autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular
Para
finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA
MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por
moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do
Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos
do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta reivindicación, de limpa pureza democrática,
non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co
procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita
lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas,
acabara por conseguir a retirada deste símbolo e testemuña da ignominia e o crime.
11 de setembro de 2013
Contacto
Telmo Comesaña Pampillon
Presidente
Tf 986-24-14-97
659-041-394
Nenhum comentário:
Postar um comentário