A vidreira coa aguia franquista, á esquerda, podería desaparecer en breve para evitar tensións no seo desta sociedade viguesa |
A directiva consulta a Patrimonio ao tratarse dun edificio singular
F.G. Vigo / La Voz - 16 de outubro de 2013
A directiva do
Real Club Náutico
está disposta a retirar a vidreira co emblema franquista que recuperou
fai unhas semanas. A recolocación do polémico símbolo xerou unha
reacción entre os socios, un centenar dos cales asinaron un escrito
pedindo a súa inmediata eliminación. Onte, a súa presidenta,
Viviana García, dixo estar disposta a quitala,
pero antes consultará á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta xa que
está en trámite a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural
(BIC) e quere garantías de que quitala non afecte ao expediente
administrativo.
«Se Patrimonio o autoriza retirarémola, e xa
veremos que colocamos nese lugar», explicou a La Voz. «Pero o principal é
que quede claro que non queremos entrar en polémicas nin en cuestións
políticas. Se é un símbolo significado do franquismo e autorízannos,
retirarase», garantiu.
A xestión deste permiso foille encargada ao
avogado que habitualmente traballa para a entidade. Viviana García
reiterou que a decisión estaba tomada desde antes de que este grupo de
socios presentase a súa petición por escrito, aínda que días atrás dixo a
La Voz que o faría se o pedían os socios.
«Non queremos que ninguén se senta molesto por
unha decisión da directiva e pola colocación da vidreira. Están
almacenados moitos cadros, que se están recuperando para unha exposición
na sede do club. Tamén vimos que o lugar da vidreira estaba ocupado por
un cartón, polo que pensamos que era a mellor solución. Pero quede
claro que todos descoñeciamos a súa significación», escúsase a
presidenta.
Unha vez tomada a decisión, todo queda pois
pendente da xestión ante Patrimonio e da resposta que poida dar este
departamento autonómico. Por esta razón, a presidenta non ten previsto
dar ningunha tramitación á carta dos socios. Se se produce o visto e
prace, como é previsible, a vidreira será retirada e esta vez xa con
carácter definitivo.
Substitución frustrada
García quéixase de que o oco da vidreira non
fora cuberto máis que cun simple cartón. Fuentes próximas á anterior
directiva explicaron a este xornal que no seu momento xestionaron cunha
empresa especializada a fabricación doutra vidreira, pero que a
operación se abortou por motivos económicos. Este tipo de artesanía é
especialmente caro e as arcas do club non estaban, nin están, para
gastos que non sexan imprescindibles.
Houbo un segundo intento de colocar unha vidreira
sen significado político, que dados os problemas existentes no club
tampouco culminou. Tratábase de xestionar a súa fabricación no taller
existente no cárcere da Lama, onde se confiaba en conseguir un prezo
máis barato.
Na hipótese de que Patrimonio conteste con
rapidez a crise terase resolto en cuestión de días. A recolocación da
vidreira foi dada a coñecer por La Voz o día 6 e en pouco máis dunha
semana entrou en vías de solución.
¿ en el Club Náutico de Vigo hay algún marinero ? creo que no, imagino que son más bien personas especiales.
ResponderExcluirNon comprendo o comentario
ResponderExcluir