Placas recolocadas en Vila de Cruces |
- O Concello de Vila de Cruces repón nun local para os veciños as exaltaciones aos golpes de 1923 e 1936 da antiga casa consistorial
- O PSdeG local advirte de que a decisión vai contra a lei e advirte ao alcalde, do PP, de que pode acabar ante os tribunais
Eldiario.es - David Lombao 2/12/13
Case seis anos logo da súa aprobación, a Lei da Memoria Histórica aínda
non chegou a moitos lugares públicos. Mentres algunhas institucións
públicas vanse desfacendo, amodo, dos últimos vestixios franquistas nos
seus espazos públicos, xa sexa física ou simbólicamente, outras
percorren o camiño contrario e, nunha inefable decisión, repoñen a
simboloxía da ditadura que xa fora retirada, ata antes da propia lei.
Isto é o que acaba de ocorrer en Vila de Cruces, segundo denuncia a
oposición deste municipio pontevedrés pertencente á comarca de Deza.
"Hai cousas que xa pensabamos que estaban superadas pero, polo que se ve, o noso alcalde ou aínda vive na posguerra ou lle traizoou o subsconciente". Son as dúas posibles explicacións que se lle ocorren ao PSdeG local tras comprobar que dúas placas de exaltación de senllas ditaduras, a de Primo de Rivera e a de Franco, foron recolocadas no local social municipal da parroquia de Carbia. Isto acontece, explican, "máis de trinta anos despois" de que fosen retiradas do seu emprazamento orixinal, a antiga Casa do Concello, por iniciativa do entón edil socialista José María Vilariño.
Pero agora, denuncian, o popular Jesús Otero (PP), que goberna o municipio con maioría absoluta, "desempoounas e recolocounas nun novo local público, vulnerando a lei" de xeito consciente e "espertando vellas pantasmas do pasado". "Porque si o feito de ter placas franquistas sen retirar en lugares públicos pode resultar grave, máis delito ten recolocar as que xa foran retiradas no seu día", evidencian.
Mentres esperan a que "se pronuncie o resto dos concelleiros do goberno municipal", e especialmente, din, unha edil veciña da parroquia "na que tiveron a feliz idea de colocar as placas", o PSdeG xa solicitou formalmente "que se retiren inmediatamente as placas fascistas para evitar a vergonza que supoñería para Vila de Cruces que tivese que ordenar a súa retirada a fiscalía ou o xuíz correspondente". "Para máis colmo -advirten- o local onde o alcalde recolocou as placas vén servindo como local electoral", circunstancia que, "a recado, propiciará impugnacións" en futuros comicios.

Nenhum comentário:
Postar um comentário