O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

Presentación do libro "Pontevedra nos anos do medo"


Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín 4/12/13
O venres 13 de decembro, ás 20 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Marín (Avenida de Ourense 6), o mestre e historiador Xosé Álvarez Castro presentará o seu libro  “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)".

O acto está organizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e Edicións Xerais de Galicia.

Xosé Álvarez participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), de recuperación da memoria histórica (Cidadanía pola Verdade, Sempre con vós) e renovación pedagóxica (Nova Escola Galega).

É autor de numerosos artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en revistas como Cedofeita, Revista Galega de Educación ou Cuadernos de Pedagogía.  Ademáis é autor do blog "Pontevedra nos anos do medo" anosdomedo.blogspot.com dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa.

En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica.

Resultado de varios anos de investigación, “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)" céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa execución do golpe, e os axentes e mecanismos da represión posterior.

O emprego de fontes documentais inéditas, así como de testemuños orais, contribúe a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenómeno represivo, concedendo especial atención ao achegamento ás historias da vida das vítimas. O autor da obra salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigación perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgación.

Neste traballo recóllese diversa información sobre o Marín daqueles tempos. O papel do fascista alemán domiciliado en Marín, Bruno Schwieger Damboeck, o "capitán Bruno"; o bando emitido o 9 de setembro de 1936 polo alcalde imposto e delegado de Orden Público de Marín, José Alcántara Fernández; a sublevación e posterior intervención militar dos hidroavións Saviola-Marchetti S62 do "Destacamento Aeronaval de Marín" así como da "Escuela de Artillería Polígono de Tiro Naval Janer" baixo o mando de Francisco Bastarreche, etc...

Estimamos contar coa vosa presenza neste acto.
  
Saúdos

Nenhum comentário:

Postar um comentário