O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 13 de dezembro de 2013

Placas e vidreiras


A Voz de Vigo - Eduardo Rolland 13 de decembro de 2013  
O alcalde de Vila de Cruces ordenou repor as placas franquistas que foron retiradas da súa casa consistorial. Para sortear a Lei de Memoria Histórica, di que forman parte dunha exposición. A laxa honra ao «Excelentísimo y Ilustrísimo Generalísimo Don Francisco Franco», xunto a outros líderes da rebelión fascista como os xenerais Mola, Aranda ou Queipo de Llano.

A escusa do rexedor soa un pouco a chufla. Porque a lei vixente di moi claro que as autoridades deberán adoptar «as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar».

A ocorrencia chega semanas despois de que entrase en razón o alcalde ourensán de Beade, quen acaba de retirar do seu despacho os retratos, botellas de viño, cinceiros e chaveiros coa efixie de Franco e o lema «Non se vos pode deixar sos». Pero está visto que, en materia de desatinos, a substitución sempre está asegurado. Outro tanto sucede no Real Club Náutico de Vigo, onde a directiva repuxo unha vidreira franquista, con escudo preconstitucional incluído. Ante as queixas dalgúns socios, dan desculpas vagas. E alegan que teñen que pedir permiso a Patrimonio Histórico. Coma se a lei non fose moi clara. Ou ás igrexas románicas non se lles retiraron as listas de nomes baixo o lema ¡Presentes!...

Medo dá pensar que alguén na directiva do Náutico teña verdadeiro interese en exaltar a ditadura franquista. Alguén que cantase o Cara ao sol nalgunhas reunións tabernarias, como outros entoan Vai ou gato ou Clavelitos. E que xerencia e presidencia apoien estes delirios carpetovetónicos. Un club con tanto prestixio non se merece isto.

Um comentário:

  1. los apaleamientos salvajes de los chicos del IES Luis Vives de Valencia, las multas a los de 15M, ..., los de 25-S en Neptuno apaleados salvajemente y procesados con cargos de terror, los suicidios de los de las hipotecas, ..... etc , parece que les resulta poco a algunos directivos del Náutico. Que se vayan a un convento o monasterio a vivir allí su vida.

    ResponderExcluir