Homenaxe a Alexandre Bóveda
© Mónica Patxot
|
Pontevedra Viva! Alejandro Espiño 11/10/15
En 2016 cumpriranse oitenta anos do golpe de estado que derivou na Guerra Civil española. Un período negro da nosa historia que deixou na cidade de Pontevedra, máis aló das mortes directas no conflito bélico, centos de vítimas da represión franquista.
A todas elas, especialmente a aquelas 'silenciadas' -na súa maior parte
mulleres-, estará dedicada unha ampla programación de actividades que
se celebrarán ao longo de todo o ano.
Así se acordou nunha reunión celebrada este venres no Concello de
Pontevedra e na que participaron BNG, Partido Popular, Ciudadanos e a
Fundación Alexandre Bóveda.
Segundo informou o concelleiro Luís Bará, ademais da homenaxe que o
Concello organizará o próximo mes de novembro, que estará dedicado ás
mulleres que foron vítimas "directas ou indirectas" desta represión, ao longo de todo o ano 2016 celebraranse diversos actos de recordo aos "moitos pontevedreses asasinados" durante ese período. Terá, dixo, "certa relación" co Ano Castelao que tamén se conmemorará o próximo ano.
Ademais desta iniciativa anual, a moción que estes tres partidos acordaron -respectando un acordo plenario- incluirá a denominación como parque Amalia Álvarez, viúva de Alexandre Bóveda, a unha zona verde no barrio da Eiriña, onde se realizará "algunha plantación de árbores ou dalgún elemento simbólico" que lembre á homenaxeada.
O que non se modificará, engadiu Bará, é o esquema dos actos
que, cada 17 de agosto celébranse en Poio e Pontevedra con motivo do Día
da Galiza Mártir e que están centrados na figura de Bóveda.
Todos acordaron que sexan ambos os concellos, xunto coa Deputación e a
Fundación Alexandre Bóveda os que decidan o formato destes actos e,
sobre todo a familia, cren que a programación actual é "axeitada".
A esta reunión non asistiron nin PSdeG-PSOE, que desculpou a súa ausencia, nin Marea. Cara a esta formación foron as críticas de Luís Bará,
que cualificou como "mal estilo" e "falta de respecto" que non acudisen
a este encontro e anunciasen, vía comunicado de prensa, que non irían
porque "ao facela extensiva a todos os grupos aboca a repetir o debate
que xa tivemos no pleno de setembro", segundo destacaba a formación.
Marea entendía que a moción debía refundir as propostas presentadas
polo BNG e a súa propia e, tras manifestar o seu acordo nos puntos
principais, pedían que se plantase un piñeiro en memoria a Amalia
Álvarez no novo parque e que se trasladase alí o acto institucional que
organiza o concello cada 17 de agosto. Ambas as ideas foron rexeitadas na reunión, entre outros, polos propios familiares de Bóveda.
Nenhum comentário:
Postar um comentário