O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 27 de agosto de 2013

Comunicado da Iniciativa Galega pola Memoria


 -Na que está integrada a A.C. MH 28 de Agosto de Cangas - 

A Iniciativa Galega pola Memoria considera impresentábel que non dimitira o alcalde de Baralla ou fóra expulsado do PP, valorando a necesidade de avanzar cara a ilegalización do Partido Popular se persiste na súa deriva fascista.

Co acontecido hoxe no Concello de Baralla, en sintonía coas multitude de pronunciamentos de membros do PP a prol do fascismo e da barbarie franquista que non son desautorizados contundentemente polos órganos desta forza política, poñen en evidencia un ideario incompatíbel cun réxime democrático e pluralista.

O feito gravísimo de que o alcalde de Baralla, o Sr. González Capón, non presentase a súa demisión por ter xustificado o asasinato de demócratas polo franquismo é motivo de abondo para a inhabilitación como cargo público, cousa que esiximos dende xa. Mais, o comportamento do PP secundando esta actitude, alíñao coa extrema dereita fascista que na Europa representan os negacionistas e xustificadores do Holocausto, e que en calquera país democrático estaría prohibido como organización e penalizada a apoloxía destes crimes.

Diante da deriva que está a tomar esta forza política, retornando ás súas raíces totalitarias vinculadas ao franquismo, é imprescindíbel lograr a inmediata derrogación da Lei de Amnistía de 1977 que prescribe os crimes cometidos polos partidarios do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e certifica a impunidade dos verdugos, dando os pasos necesarios para ilegalizar os partidos políticos fascistas que non respecten as regras de xogo democrático e condenen o asasinato dos que discrepen das súas ideas.

Desde a Iniciativa Galega pola Memoria, coordinaremos os nosos esforzos cos colectivos e individualidades da Galiza e do resto do Estado para dignificar e rehabilitar as vítimas, mais, tamén para denunciar a xustificación e lexítimación da súa represión e esixir responsabilidades aos que os executaron e a quen os ampara e defende.

Galiza, 22/8/2013                                                                                                 

Nenhum comentário:

Postar um comentário