En relación coa nova publicada no xornal FARO DE VIGO de onte, día 13 de agosto de 2014, información do atentado sufrido polo Monumento ás Vítimas do franquismo na Cruz da Maceira, linde entre Marín e Moaña.
A Iniciativa Galega pola Memoria -coordinadora galega de grupos memorialistas-, quere manifestar publicamente o seguinte:
1.- Condear publicamente e Rexeitar firmemente o atentado contra o Monumento por todos os valores que representa, así como Denunciar a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres.
2.- Amosar o noso apoio solidario á A. pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, promotora do nomeado Monumento, prestándose a participar e colaborar en todo tipo de iniciativa que se presente para poñer en valor o nomeado Lugar da Memoria da nosa comarca, símbolo da recuperación da dignidade colectiva.
3.- Esixir das autoridades competentes a pronta e fonda investigación sobre o acontecido, atentado reincidente en pouco espazo de tempo, coas correspondentes medidas e sancións a tal efecto.
MENSAXE ENVIADO POLA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS SOBRE O ATENTADO FASCISTA AO MONUMENTO ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA CRUZ DA MACEIRA
Iniciativa Galega pola Memoria
www.igmemoria.org
Nenhum comentário:
Postar um comentário