Polas suas declaracións "fascistoides" e antidemocráticas
SR. GONZÁLEZ CAPÓN, A QUÉN SE REFIRE VOSTEDE CANDO DÍ “SERÁ PORQUE LO MERECÍAN”?
No
último pleno municipal do concello de Baralla, celebrado o pasado 26 de
xullo, o alcalde, Sr. González Capón, xustificou a negativa do PP a
condear os crimes da ditadura franquista cunha frase bastante
significativa “será porque lo merecían”. Imos ver, Sr. González Capón, a
quén se refire vostede?
-Ás máis de 6000 persoas asesinadas polo franquismo –lembre vostede que en Galicia non houbo guerra civil, só houbo represión-?
-Ás
mulleres violadas, ás que foron torturadas, ás persoas que tiveron que
tragar aceite de ricino nunha das prácticas moi comúns por parte dos
falanxistas?
-Ás
máis de 115.000 persoas que aínda constan como desaparecidas –bastante
probablemente enterradas nas cunetas- en todo o estado español, segundo
fontes recollidas por Amnistía Internacional –un organismo de probada
reputación apartidista-.
-
Merece o pobo de Baralla que o seu alcalde falte así o respeto ás
vítimas do franquismo? Coa mellor das intencións, diríalle que as súas
declaración, Sr. González Capón, poden ser interpretadas por moitas
persoas familiares das vítimas do franquismo como apoloxía do
terrorismo, pois en nada axudan á paz e á convivencia democrática.
-
Pode vostede cargar na súa conciencia o feito de estar ocupando unha
alcaldía desde o ano 1987 e non ter evoluído o suficiente como para
despegarse desas ideas reaccionarias, propias máis doutro tempo e do
réxime franquista que dun dirixente democrático no século XXI?
-
Sr. González Capón, en qué século vive vostede? Para vostede aínda
goberna “El Caudillo”? Porque así o parece, as suas declaracións son
máis própias dun alcalde máis interesado quedar ben cos dirixentes
franquistas que as dun alcalde democrático deste tempo.
Agradecedíamoslle,
xa que logo, que, logo de ter rectificado as súas palabras dicindo que
foron “sacadas de contexto”, o seguinte que faga é “sacarse vostede
mesmo do contexto” da vida política galega, dimitindo do seu cargo, pois
non é de recibo que un responsable político faga esas declaracións
ofensivas e humillantes ás vítimas do franquismo en xeral. Non pode ser
que un dirixente democrático adopte este tipo de declaracións nestes
tempos que corren. Porque o tempo do franquismo xa pasou, Sr. González
Capón. A ver se vostede se da por enterado.
¿ aún no ha dimitido ?
ResponderExcluirEstes ppflautas non teñen o verbo dimitir no seu vocabulario
ResponderExcluir