O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 30 de julho de 2010

Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familiares


Val de Miñor 28 de xullo de 2010

Aos Medios de Comunicación

Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familiares

O próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.

No acto, aberto ao público, ademais dos familiares de Abilio e Manuel estará presente o equipo de traballo multidisciplinar que realizou o proceso de investigación histórica, exhumacións, estudo anatómico-forense e a identificación xenética.

No acto de entrega dos restos conducido pola escritora Rexina Vega intervirán Carlos Méixome, director do IEM que achegou a documentación histórica; o arqueólogo Xosé Lois Vilar que dirixiu as escavacións; o doutro Fernando Serrulla que realizou o estudo anatómico-forense, así como o catedrático da Universidade de Santiago e director do proxecto “Os nomes, as voces, os lugares”, Lourenzo Fernández Prieto e a ex-conselleira de Cultura Ánxela Bugallo que, na altura, impulsou o proceso de exhumacións con todos os requirimentos científicos.

A este respecto temos que indicar que os restos de Abilio Araujo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario segundo informes do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, conclúese. que en ámbolos dous casos:

-En termos porcentuais, o valor de probabilidade para a hipótese de que os restos sexan dos pais biolóxicos de Álvaro Araújo Losada e Angelina Prudencio Penedo é, respectivamente, de 99,999999%.

Axuntamos, en formato pdf, diversas informacións sobre todos estes procesos.

Atentamente

Carlos Méixome Quinteiro
Director do Instituto de Estudos Miñoranos

Nenhum comentário:

Postar um comentário