O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 9 de agosto de 2010

Cerdedo 13 de agosto. Homenaxe ás víctimas do franquismo


Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas:

Cumprindo cunha obriga moral de lembrar aos que deron a súa vida pola liberdade, como todos os anos o día 13 de agosto acompañaremos a Rogelio Arca (que cumpríu xa os 95 anos) no 74 aniversario do asasinato por parte dos falanxistas do seu pai, Francisco Arca Valiñas, e do seu amigo Secundino Bugallo Iglesias, na Ponte do Barco (Pedre-Cerdedo).

Tal e como se decidiu vai para cinco anos, “Verbo Xido” pretende que a data do 13 de agosto forme parte doutro calendario alternativo ao das enchentas dos estómagos agradecidos: o da cidadanía consciente e sensible, no que as ideas de memoria, emancipación, fraternidade e igoaldade se encarnen nas intervencións de amigos e amigas afeitos a crear sentimentos liberadores a través das palabras.

Por iso, no vindeiro 13 de agosto, ás 20 horas, ao pé do humilde monumento que lembra os canteiros asasinados na Ponte do Barco, coa renovada ledicia de nos xuntar, contaremos con dous poetas ben coñecidos e benqueridos por nós, Elvira Ribeiro e Xosé Luís Santos Cabanas, comprometidos dende sempre coa “memoria dos oprimidos”.

Como sabedes tamén, “Verbo Xido” aproveita estas xuntanzas para presentar algunha que outra novidade impresa. Desta volta, distribuiremos unha nova publicación titulada “As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953). Beariz, Cerdedo e Forcarei”, da autoría de Dionísio Pereira, que tamén fará algunhas breves consideracións sobre esta temática.

¡¡Vos agardamos a todos e a todas!!

VERBO XIDO

Nenhum comentário:

Postar um comentário