No vindeiro día 16 de outubro, ás 14 h., no restaurante Ángel de Santiago de Compostela (ver a súa páxina web www.restaurantelatrinidad.com ), e organizado pola Asociación Galega de Historiadores/as, váiselle facer unha homenaxe a Bernardo Máiz, en recoñecemento polo seu delongado labor a prol da investigación e divulgación da historia contemporánea de Galicia e tamén polo seu compromiso en múltiples iniciativas de interese público, entre elas a recuperación da nosa cultura marítima. A homenaxe consistirá nun xantar de confraternidade aberto a toda a cidadanía e na concesión do 1º Premio "Manuel Murguía", instituído pola devandita Asociación Galega de Historiadores/as; tamén actuarán Mini e Mero, alén doutras sorpresas.
Velaí no arquivo adxunto unha tarxeta con todos os datos e o correo electrónico para confirmar asistencia e enviar as adhesións ao acto.
Saúde
Dionísio Pereira
Nenhum comentário:
Postar um comentário