O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 27 de janeiro de 2011

Exposición fosas de San Xián en San Paio de Tui


Amigos e amigas do IEM

A exposición "Atopados" no IES San Paio de Tui.

Dende o día de hoxe pódese visitar, no Salón de Actos do IES San Paio de Tui, a exposición "Atopados" composta por 11 ploters explicativos da investigación histórica, a escavación arqueolóxica e a identificación anatómico-forense e xenética dos cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián, O Rosal, en abril de 2009.

O próximo mércores 2 de febreiro, Carlos Méixome Quinteiro, director do IEM, presentará un relatorio aos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato no que analizará con maior profundidade os traballos realizados polo IEM en relación coas fosas de San Xián.

Esta actividade está organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e de Normalización Lingüística do IES San Paio.

Dende o IEM ofertamos a todos os centros educativos a posibilidade de trasladar ás súas instalacións esta exposición de fácil transporte e doada montaxe.
 
INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS

Nenhum comentário:

Postar um comentário