Traducción Estación Atlántica
Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica y Democrática de Marín
Kaos en la Red- 3-1-2011
La Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica y Democrática de Marín, homenaxeou o pasado venres aos seis veciños desta localidade fusilados o 31 de decembro de 1936. Durante a súa intervención, o historiador Carlos Velasco sinalou que a lei de memoria histórica é "insuficiente" e criticou o "sanguento desprezo das vítimas do fascismo respecto das de ETA", polo que reivindicou a súa equiparación.
Para Velasco, autor de varios estudos sobre a Guerra Civil en Galicia, "non se pon facilidades xurídicas" para dar a coñecer aspectos da historia "que non gusta remover". Neste sentido, cuestionou a responsabilidade do Estado á hora de emprender accións cuxa iniciativa recae sobre as asociacións dedicadas á recuperación da memoria.
Velasco tamén advertiu da necesidade de ser "vixiantes", argumentando que "o inimigo segue aí", en alusión ao capitalismo, ao que atribuíu o "ataque absoluto aos dereitos da clase obreira" e alertou de que "novos fascismos están por vir".
Nenhum comentário:
Postar um comentário