J.M.Sande. Oute A voz. 5/1/2011
A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes plantou cen árbores de loureiro no xardín que rodea ao monumento ás vítimas do franquismo da ría de Muros-Noia e que este colectivo levantou hai xa tres anos no lugar do Freixo, en Outes. Trátase dunha zona onde faleceu a mans dos falanxistas o deputado republicano, Luis Barrena. Segundo apuntan desde este colectivo, trátase de «darlle a dignidade que se merece a memoria de todas aquelas persoas que sacrificaron a súa vida non só para defender a legalidade republicana, senón tamén un mundo mellor e máis xusto».
Nas próximas datas, o mesmo colectivo pavimentará a contorna do monumento para arrombalo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário