De Gonzalo Amoedo López
Edicións Xerais
Febreiro 2011
Contido
Convencido de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II República, os cómplices necesarios, as razóns da súa alianza e o porqué dos seus actos e do seu acomodo no partido único. En A memoria e o esquecemento tamén aparece recollido como, despois de trinta e nove anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a atravesar o Rubicón da transición convertidos en demócratas. Froito da súa pescuda en arquivos do país pouco explorados ata o momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a organización interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represión que se produciron durante os anos da ditadura franquista achegando datos e materiais que serán de inescusable referencia no futuro.
Outros libros do mesmo autor:
Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Amoedo López, Gonzalo y Gil Moure, Roberto. Xerais.
A Prensa en Redondela, aproximación histórica 1883-1933 .Amoedo López, Gonzalo. Gil Moure, Roberto. Xerais
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo Amoedo López, Gonzalo. Gil Moure, Roberto. Xerais.
Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Amoedo López, Gonzalo (Ed.). Fundación 10 de Marzo

Nenhum comentário:
Postar um comentário