O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 13 de abril de 2014

A república sen praza e os franquistas con rúa nunha Vilagarcía desmemoriada

Un home coloca flores no monumento aos represaliados no que apenas se len os nomes g.s.
Traducción Estación Atlántica
Diario de Arousa.com 13/4/14
Juan Yagüe Blanco foi un militar golpista que pasou á historia por haberse sublevado contra o réxime legalmente constituído da II República española. Fernando Suárez de Tangil, máis coñecido como Conde Vallellano, foi alcalde de Madrid durante a ditadura de Primo de Rivera e volvería a primeira plana da man de Francisco Franco, con quen foi ministro e procurador en cortes ata a súa morte, en 1964. Durante esta "longa noite de pedra" tamén foi director de Obras Públicas José María Rivero de Aguilar e José Fariña Ferreño exerceu como director do Banco de Crédito Local.

Ademais dos seus gustos polo réxime ditatorial os tres teñen en común formar parte do rueiro de Vilagarcía. O primeiro, o Xeneral Yagüe, dá nome á principal urbanización de Trabanca Sardiñeira. Conde Vallellano e Fariña Ferreño denominan viales en pleno centro.
 
Rivero de Aguilar, pola súa banda, sufriu un amago de retiro cando en 2001 deixou de nomear a avenida que accede á estación de tren que por petición vecinal pasou a chamarse Moreira Casal. Con todo, o alcalde socialista pensou que ben merecía unha rúa en plena zona portuaria.
 
Trece anos, unha lei da Memoria Histórica e un acordo plenario despois, Yagüe, Conde Vallellano, Rivero de Aguilar e Fariña Ferreño seguen sendo parte das paisaxes vilagarcianos. Tamén o fan a cruz aos "caídos" e o busto a Calvo Sotelo, o home ao que o edil Marcelino Abuín definiu como "o pai da democracia orgánica ou corporativa, é dicir, o ideólogo do franquismo e de todo o que se derivou posteriormente" durante o Pleno no que se acordou a retirada dos símbolos da ditadura.
 
Foi en abril de 2008. A proposta saíu adiante co voto en contra do PP. Ademais de retirar os nomes franquistas do rueiro, acordouse que a República daría nome a unha praza do municipio. Tres anos máis estiveron no poder socialistas e nacionalistas. O acordo nunca se executou. Hoxe, Vilagarcía segue ancorada na desmemoria.
 
O espírito da transición, chámanlle algúns.

Nenhum comentário:

Postar um comentário