O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 29 de julho de 2011

Homenaxe ás vítimas do franquismo na Terra de Montes



Compañeir@s:
Como todos os anos, na tardiña (20h 30 m) do sábado 13 de agosto organizamos unha homenaxe ás vítimas do franquismo na Terra de Montes na Ponte do Barco (Pedre). Este ano, como veredes no arquivo adxunto, unha hora antes organizamos no Centro Cultural de Cerdedo a presentación por parte dos seus autores dun libriño con fotografías dos represaliados e represaliadas desta bisbarra e daremos conta dunha campaña nacional artellada pola Iniciativa Galega pola Memoria a prol da eliminación da simboloxía franquista en todo o país. Haberá, tamén, algunha intervención de especial emotividade.

Coma sempre, vos agardamos.

Verbo Xido