O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 18 de fevereiro de 2012

Nomes e Voces publica un especial sobre a 'Vixiancia e a represión en Galicia tras o golpe de Estado de 1936'

www.nomesevoces.net  publica un especial sobre a 'Vixiancia e a represión en Galicia tras o golpe de Estado de 1936'

Este novo contido coincide coa publicación do libro Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939) do Profesor Emilio Grandío Seoane. Facemos público o especial “A Vixiancia e a represión en Galicia tras o golpe de Estado de 1936”, unha nova entrada no espazo que a Web de Nomes e Voces dedica a monográficos de investigación sobre distintos temas, como foi o caso da exposición Vermellas. Chamabanlles ‘rojas’ e A Xeografía da represión en Galicia (1936-1939).Co proxecto de investigación Vixiados. Represión,investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939) avanzamos outro chanzo máis no estudo sobre a represión franquista, neste caso a que converteu aos cidadáns en potenciais espías e en potenciais delincuentes. Así, o principal obxectivo do proxecto do que agora presentamos este especial web, é o estudo dos procesos de investigación, vixilancia e control social en Galicia durante os anos da guerra civil, as consecuencias que este feito tivo para a poboación nese preciso momento histórico e as influencias que posteriormente se aprecian entre a cidadanía no intre en que a intensidade desta vixilancia foi menor.Esta investigación, así como a posibilidade de amosala aos interesados tanto nun formato clásico en libro — Emilio Grandío (ed.): Vixiados. Represión , investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939), Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, 2011— como apoiándose nas novas fórmulas de comunicación grazas á web do proxecto “Nomes e Voces” non sería posible sen o apoio do Ministerio de la Presidencia do Gobierno de España a través da subvención destinada a actividades relacionadas coas vítimas da guerra civil e do franquismo na convocatoria de 2010.O equipo de traballo do Proxecto Vixiados. Represión,investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939) ten como Investigador Principal a Emilio Grandío Seoane, Profesor do Departamento de Historia Contemporánea da USC; ao profesor da Universidad de León Javier Rodríguez González, especialista en poder local no franquismo, aos investigadores do Proxecto Nomes e Voces Xurxo Pantaleón Cadilla, Mª Jesús Martínez Domínguez e Gustavo Hervella García, aos licenciados en Historia, Rosalía Regueiro e Manuel Pérez Lorenzo e a licenciada en xonalismo e máster en historia contemporánea, Pilar Mera Costas. Un equipo multicisplinar que no período de vixencia do proxecto (2010-2011) investigaron en diferentes arquivos galegos e estatais sobre esta temática e que agora fai posible este especial.Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un cordial saúdo.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598


Nenhum comentário:

Postar um comentário