(Ediciones Trea, 2012)
Lourenzo Fernández Prieto e Nomes e Voces (eds.)
Nota Estación Atlántica: Participación persoal representando a Mesa de Catalunya d’Entitats Memorialistes nos Coloquios Internacionales “Mermoria da Guerra, reconciliación e cultural da paz” de la Universidad de Santiago de Compostela na Mesa 5 : A recuperación cívica das memorias. O pasado oculto da sociedade nas páxinas do libro 234-236
Estimados/as amigos/as,
O Proxecto 'Nomes e Voces' ten o pracer de informarvos da publicación de 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'. Un libro que recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela, no marco do Foro 2010.
Esta obra presenta distintas aportacións e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.
Sobre os editores:
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, Lugo, 1961), catedrático de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é director do Departamento de Historia Contemporánea e de América desta universidade e investigador principal do grupo de referencia competitiva Histagra. A súa investigación centrase principalmente na historia agraria e a historia social e política do mundo rural contemporáneo, abrindo líñas de investigación sobre a transformación da agricultura atlántica de pequena explotación; medio ambiente e revolución verde; cambio tecnolóxico e políticas agrarias do franquismo e os fascismos; construción da cidadanía e cambio social, ou a sociedade rural do franquismo.
Desde o 2006 coordina o proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado ao estudo da guerra civil e a persecución política en Galicia. Entre as súas publicacións máis recentes destacan El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX (2007), Atraso económico nunha sociedade destruída (2008), Dinamismo social e desenvolvemento económico (2008), Facendo historia con memoria (2009) e Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939) (2010).
Agardamos que esta nova sexa de interese.
Grazas e un saúdo cordial.
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598
Nenhum comentário:
Postar um comentário