O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 23 de março de 2014

A guerrilla galega contra o franquismo foi homenaxeada en Chantada

Foto: Toño Parga
15/03/2014 - Galiciaé LV / Axencias (Lugo)
Un grupo de persoas de distintos lugares de Galicia participaron este mediodía nunha homenaxe á guerrilla galega contra o franquismo, que se celebrou no cemiterio de San Fiz de Asma, no municipio lucense de Chantada.

O acto celebrouse á beira da tumba dun deses últimos guerrilleiros, José Castro Veiga, coñecido como 'O Piloto'.
 
No acto participaron escritores, xornalistas, profesores universitarios e de educación secundaria, mestres e músicos, xunto con xente de diversa procedencia e profesión, segundo informaron os promotores deste acto, organizado para recordar aos guerrilleiros que loitaron contra a ditadura franquista e, en concreto, para homenaxear a 'O Piloto', asasinado o 10 de marzo de 1965.
 
O acto comezou ao mediodía, coa presentación dunha escultura do artista lucense Luís Loureira, que leva por título 'Harmonía', baixo a lema "Para firme recordo do pasado e confianza alerta co futuro".
 
No descubrimento da escultura, entre outras persoas, participou Camilo de Dios, que tamén foi guerrilleiro, e inmediatamente despois a poetisa María Fariña recitou o poema 'Versos ao Piloto', un protagonista da resistencia contra o franquismo "erguido no loitar dos resistentes".
 
Outros poetas, como Fernández Abella ou David Otero, tamén recitaron os seus versos neste acto, no que interviñeron os chantadinos Dositeo Moure e Xosé Luís García, así como outros protagonistas como Xesús Redondo Abuín, Uxío Diéguez, ou Carmen García-Rodeja, vinculada á Asociación para a Defensa da Memoria Histórica.
 
Esta homenaxe, que se pechou coa intervención do presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, tamén contou cunha nota musical, a cargo dos intérpretes Mini e Mero, antigos membros do grupo Fuxan vos Ventos e compoñentes da Quenlla.

Nenhum comentário:

Postar um comentário