Nota de prensa: O Congreso do Centenario de Hildegart terá eco en Madrid e A Coruña
O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán para os días 5 a 8 de decembro terá eco nas cidades da Coruña e Madrid a través de dous actos públicos relacionados coa figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.
Na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do Congreso o día 4 de decembro ás 20 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras do Congreso e algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.
No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe a Hildegart o día 9 de decembro, ás 19:30, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Falaran representantes destas tres entidades e coñecida feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde morreu o 9 de xuño de 1933.
O Comité Organizador do Congreso
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
Nenhum comentário:
Postar um comentário