Foto da boda de Josefina Arruti e Bibiano Fernández Osorio-Tafall, realizada por Pintos |
Familiares
de Josefina Arruti Viaño tomarán a palabra na inauguración oficial do
desdobramento da avenida de Vigo, o novo acceso sur da cidade que leva o
nome da finada. O acto celebrarase o próximo luns, 21 de setembro e
estará presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor e o alcalde de
Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
A
avenida Josefina Arruti é o novo acceso sur da cidade, unha arteria de
alta capacidade que conecta o nó do Pino coa estación de autobuses.
Supón unha importante remodelación urbanística da zona xa
que reordena os tráficos de entrada e saída a cidade e converte a vella
avenida de Vigo nunha rúa dun só carril e características do centro
urbano.
O nome escollido para o novo
vial quere ser unha homenaxe á Memoria das mulleres silenciadas polo
franquismo como a mesma Josefina Arruti, represaliada por ser a muller
do alcalde republicano de Pontevedra Bibiano Fernández Osorio Tafall,
quen marchou ó exilio deixando atrás a súa familia. A penuria de
Josefina – compartida por outras moitas perdedoras e perdedores da
Guerra Civil- foi unha penuria solidaria. Se lembra aínda na cidade a
apertura que fixo do seu panteón familiar para que mortos republicanos
recibirán sepultura.
Nenhum comentário:
Postar um comentário