O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 27 de outubro de 2010

Camino Oslé Vicerrectora de Proyección Social e Cultural da UPNA reúnese co Proxecto Nomes e Voces



Hoxe mércores 27 de outubro, Camino Oslé, Vicerrectora de Proyección Social e Cultural da Universidad Pública de Navarra, chega a Santiago de Compostela para reunirse co Proxecto "Nomes e Voces" coa intención de coñecer polo miúdo o traballo desenvolvido nos últimos anos en torno á investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia. O seu interese parte do desexo de iniciar na UPNA un proxecto similar, para o que requiriu o asesoramento e experiencia de "Nomes e Voces".

Acompañada por Antonio Ureta, Secretario Técnico da UPNA e Eloisa Ramírez, Directora do Departamento da Facultad de Geografía e Historia da UPNA, participará mañá día 28 no programa que comprende unha xuntanza co equipo de "Nomes e Voces" na que os investigadores explicarán a metodoloxía de traballo, a recollida de materiais, así como o tratamento das distintas fontes, e unha xuntanza co Vicerreitor de Cultura da USC, F. Javier Garbayo Montabes.

Agardamos que esta nova sexa de interese.

Grazas e un saúdo,
Chus Martínez
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598

Nenhum comentário:

Postar um comentário