terça-feira, 12 de outubro de 2010
Rexeitado o recurso contra a apertura do Pazo de Meirás
Traducción Estación Atlántica
A filla de Franco deberá abrir ao público durante catro días ao mes a residencia de verán do ditador
07/10/2010 18:17 / PUBLICO.ES/EFE / Madrid / A Coruña
O Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación presentado por Carmen Franco Polo, filla do ditador Francisco Franco, contra o decreto da Xunta que declara Ben de Interese Cultural o Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña), residencia estival de Franco.
A sentenza do alto tribunal, facilitada hoxe aos informadores, confirma a clasificación das Torres de Meirás como Ben de Interese Cultural, unha medida que implica a apertura ao público da instalación durante catro días ao mes.
Deste xeito, os tribunais volveron fallar contra a familia Franco, despois de que esta presentase varios recursos contra o decreto.
De feito, en xuño deste ano o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou a suspensión preventiva do decreto solicitada pola familia Franco, os que aducían os gastos de gastos de vixilancia e seguro por accidentes que ocasionaría abrir o pazo ao público durante catro días ao mes, así como o alto custo de recibir visitantes de toda Galicia como argumentos contra o decreto.
Un "regalo" do pobo
O pazo de Meirás forma parte da extensa fortuna que a familia Franco obtivo durante a ditadura. A que fora residencia de Emilia Pardo Bazán foi un suposto regalo do pobo de Galicia ao ditador, que en realidade se pagou por subscrición en plena guerra, coa coacción que supón.
As achegas de cidadáns ían dende os 25 céntimos ata as 400 pesetas nunha zona (en mans do Exército sublevado) na que a non adscrición ao regalo significaba ser riscado como "vermello".
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário