O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 19 de outubro de 2010

Xornadas: O estudo da represión no primeiro franquismo, na provincia de Pontevedra. Estado da cuestión


Amigos e amigas do IEM

Os estudos sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra teñen avanzado considerablemente nos últimos anos. Aínda así en moitos concellos non se avanzou moito máis que no baleirado de rexistros civís, causas militares e outra documentación Botar unha ollada ao traballo realizado, reflexionar sobre o mesmo, e esbozar novas liñas de investigación (desaparecidos, detencións non documentadas, iniciativas xurídicas, relación supracomarcal entre as organizacións obreiras e agrarias, conexións para a organización da resistencia, planeamento da represión, etc...) son os obxectivos destas xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra.

O programa definitivo é:

22 e 23 de outubro. Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, Baixo, Gondomar)

Venres, 22 de outubro

17h. Inicio das Xornadas

17.30 Conferencia inaugural:

"A forza da memoria soterrada: vítimas, verdugos, salvadores"

LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO.

Catedrático de Hª Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Coordinador do proxecto Interuniversitario “Os nomes, as voces”

18.30h.

"A represión franquista no Val Miñor a través das causas militares"

CARLOS MÉIXOME QUINTEIRO

Instituto de Estudos Miñoranos

19.30h.

A represión no Morrazo

ENRIQUETA OTERO e CARLOS VILLEGAS

Asociación Memoria Histórica de Marín

ANTONIO NORES e XOÁN CHILLÓN

Asociación Memoria Histórica "28 de agosto". Cangas

XOSÉ NOVAS PIÑEIRO

Amigos de Johan Carballeira

22:30h.

CANDIDO PAZÓ: "HISTORIAS TRICOLORES, ou como aqueles animaliños proclamaron a República"

Extracto dun espectáculo de conto e comedia no que Cándido Pazó, desde ohumor e a evocación e coa palabra como principal recurso escénico, reivindica a memoria de dúas personaxes humildes e anónimas implicadas nos atribulados momentos históricos que lles tocou vivir: a proclamación da II República, a Guerra Civil, o Exilio...como homenaxe a aqueles “alegres e ousados

Sábado 23 de outubro

10h.

"Os partidos políticos durante a II República na provincia de Pontevedra"

EMILIO GRANDÍO SEOANE

Profesor de Hª Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela

11h.

A represión franquista na Louriña, O Condado e o Baixo Miño

XOSÉ RAMÓN PAZ ANTÓN

Músico e historiador

ANXO RODRÍGUEZ GALLARDO

Profesor e investigador. Universidade de Vigo

LITO OLIVEIRA

Comisión Cidadá pola Verdade do 36 no Baixo Miño

JOSÉ ANTONIO URIS GUISANTES

12.30 h.

A represión franquista en Terra de Montes, Deza e Tabeirós

DIONISO PEREIRA

Historiador. Investigador. Asociación "Verbo Xido" de Terra de Montes

XOÁN CARLOS GARRIDO

Profesor. Investigador. Fundación "Bautista Álvarez"

MANUEL IGREXAS

Investigador e profesor. A.C. O Naranxo, Lalín

MATIAS RODRÍGUEZ DA TORRE

Profesor e investigador. Comisión pola Memoria Siñor Afranio.

17 h.

A represión franquista en Pontevedra e o Salnés

XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO

Profesor e investigador

ANTÓN MASCATO

Editor

18.30

A represión franquista na comarca de Vigo

XOÁN CARLOS ABAD GALLEGO

Historiador. Arqueólogo. Instituto de Estudios Vigueses

20h. Posta en común: os estudos comarcais sobre a represión franquista

21h. Clausura:

GUSTAVO GARCÍA.

Avogado. Fundación Galega contra a Impunidade "Fernando Pereira"

As xornadas son abertas ao público en xeral, limitado só pola capacidade do local. Aínda así pregamos confirmación da asistencia por este motivo

Saúdos
Carlos Méixome
Instituto de Estudos Miñoranos

Nenhum comentário:

Postar um comentário