O 15 de agosto de 1985, coa presencia de familiares de fusilados en Sestás (na foto un grupo de asturianos), se descubriu a praca cos nomes dos asasinados na Guarda (De espaldas, o histórico republicano guardés, Manuel Domínguez Taxota)
Traducción Estación Atlántica
EVA GONZÁLEZ - A GARDA Faro de Vigo 21/10/10. "Estamos aquí para render homenaxe aos homes que polos seus ideais e por ser defensores da democracia e das liberdades, foron asasinados polos franquistas". Estas palabras foron as primeiras expresadas no acto organizado pola Unión Comarcal de Comisións Obreiras (CC OO) e pola Agrupación de Pensionistas e Xubilados de C OO de Vigo ante a foxa común de Sestás, en Camposancos (A Garda); un acto no que se fixo un chamamento a manter unha política de esquerdas "crendo no futuro e nun mundo mellor".
Neste lugar, con nomes e apelidos escritos en placas de mármore, gárdanse os restos de 18 homes fusilados no ano 1936, ademais doutras 76 persoas que morreron polas terribles condicións sufridas e os malos tratos recibidos no campo de concentración de Camposancos entre os anos 1937 e 1941, todos eles presos políticos e de guerra de Galicia e de toda España, aínda que a maioría eran orixinarios de Asturias e León.
Bandeiras de Comisións Obreiras e varias republicanas ondearon onte neste lugar onde tomaron a palabra o secretario xeral da Unión Comarcal de CC OO de Vigo, Xosé Cameselle, Manuel Fernández, representante de CC OO en Galicia e o alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas. Acudiron sindicalistas dende Vigo e sumouse público da Garda, incluídos concelleiros da corporación municipal.
Explicaron que "Comisións Obreiras, dende hai 25 anos, cumpre o compromiso moral recordando estas persoas, cando ninguén falaba de recuperar a memoria histórica. Fixérono a instancias das familias e de colectivos. O alcalde manifestou o orgullo polo pobo guardés que soubo axudar aos represaliados.
Nenhum comentário:
Postar um comentário