A Unión do Povo Galego (UPG) convoca ao conxunto da militancia e
simpatizantes ao acto público de homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia que
terá lugar o vindeiro mércores 12 de agosto na cidade de Ferrol. Nestes
momentos de confusión interesada, recollemos o exemplo do camarada
Moncho no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a
nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o
noso camarada entregou a súa vida, e te convidamos a participar con nós
nesta homenaxe.
O programa é o seguinte:
- 19.00 horas. Concentración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello). Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral. Canto da Internacional e baixada até o Cantón.
- 19.30 horas. Intervencións políticas no Cantón:
- Adrián R. Bravo. Secretario Xeral da UMG.
- Eva Espiñeira. Concelleira do BNG en Ferrol.
- Néstor Rego. Secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.
Ao remate, canto do himno galego.
Nenhum comentário:
Postar um comentário