Nun emocionante acto de Homenaxe a Corporación verinesa, por unanimidade, repara umha inxustiza histórica
CIG-Verin.gal 7
Ago
2015
Onte a Corporación Municipal de Verín reparou, por unanimidade e
a petición da nosa central sindical, umha inxustiza histórica coas
vítimas, represaliados/as e resistentes ao franquismo, outorgando
honeres e distincións a todos os que padeceron sufrimiento, expoliación e
morte por culpa do réxime fascista do xeneral Franco.
Dende a CIG felicitamos ao povo de Verín e aos seus partidos
políticos (PSOE, BNG e PP) polo acto de reparación que tivo lugar onte
na nosa vila.
Pola nosa banda, queremos anunciar que, con toda seguridade, habemos
promover umha ASOCIACIÓN DA MEMORIA NA COMARCA DE MONTERREI, pra que,
todos os anos, poidamos lembrar a quen, aínda hoxe, nen o Estado, nen a
Xunta de Galiza tenhen dignificado: aos resistentes pola liberdade e a
democracia.
Obrigado a todos e todas !!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário