Mariano Rajoy saúda ao alcalde de Baralla |
Manuel González Capón dixera que os mortos do Franquismo "o merecían". A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica decidiu en xullo presentar o seu caso ante a Fiscalía.
Galicia Confidencial | Baralla | 20/08/2015
"Os mortos do Franquismo será que o merecían". Estas polémicas declaracións que o rexedor de Baralla, Manuel González Capón, fixo hai dous anos non foron motivo para que a Fiscalía lle abrira, nin tan sequera, unha investigación.
Foi durante un polémico pleno, no que o rexedor logo do terremoto
político que causaron as súas palabras, pediu desculpas. Unhas desculpas
que non aceptaron na Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica que decidron levalo ante a Xustiza por inxuriar ás vítimas das ditadura franquista.
Pero a Fiscalía Xeral do Estado rexeitou investigar a este e outros
políticos por facer declaracións que atentarían contra as vítimas do
franquismo. Nun escrito asinado polo fiscal xefe da Secretaría Técnica
da Fiscalía e datado o pasado 5 de agosto, segundo informa a Axencia
EFE, comunícase á ARMH que non se atoparon "elementos suficientes como
para exercer accións penais ou civís" tras a análise do informe que
presentou a asociación recollendo diversos recortes de prensa con
declaracións de políticos, entre eles, González Capón.
"Estou satisfeito, non esperaba outra cousa. Non tiña
excesivo percorrido, na miña opinión, foi un tema explicado no seu
momento, pediuse desculpas, non se dixo con esa intención, estaba
tranquilo pero hoxe máis, claro. Pero esperábao", dixo o rexedor tras
coñecer a decisión xudicial.
Precisamente, esas declaracións estiveron detrás da explosión que afectou seriamente á Casa do Concello en outubro de 2014 e que foron atribuídas a Resistencia Galega.
O Partido Popular evitou, durante esa polémica, censurar ao rexedor que volveu ser elixido polo seu partido como candidato a alcaldía nas pasadas municipais. Eleccións que, tamén, volveu gañar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário