O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 22 de junho de 2013

82 Aniversario da República Galega


O sábado 29 se xuño, vai ter lugar na vella Estación de Tren de Ordes (A Pontraga) a Festa da República Galega, un acto para conmemorar o 82 aniversario da proclamación desta data que atinxe xa a súa terceira edición

CRMHC 18/6/13

A festa comezará arredor das 12h e haberá sesión vermú, xantar (cada quen deberá traer a súa comida!), e moitas actividades e concertos pola tarde.
 
Ás persoas que organizamos o evento, de asociacións da Laracha, Cerceda e Ordes, gustaríanos convidarvos a compartir con nós este día. Pretendemos que o tecido asociativo de todo o país teña un espazo para expoñer os seus traballos ou vender o seu material. Podedes traer un pequeno posto para darvos a coñecer, ou se o preferides simplemente achegarvos e unirvos á festa!
 
Grazas de antemán e parabéns polo voso traballo.
 
Viva a República Galega!
 
Programa:
 
12:00 Liga Nacional de Billarda – Aberto da República de Billasrda, 82 Aniversario.
 
13:00 Sesión vermú co "Comboio Republicano"
 
14:00 Xantar Popular (cada quen leva a súa comida)
 
15:30 Xogos populares para os cativos/as
 
17:00 Presentación da Bandeira da República / Coloquio / Arengas.
 
18:00 Repichoca literaria
 
20:30 Actuacións:
 
Leo i Arremecághona!!
Cé Orquestra Pantasma
Xenderal
 
Organiza:
A.C. A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos
A.C. Lucerna
A.C. Foucelhas

Nenhum comentário:

Postar um comentário