O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 2 de junho de 2013

Seminario Internacional "Migraciones e memoria histórica" en Santiago



13 e 14 de xuño - Consello da Cultura Galega

Consello da Cultura Galega
Os primeiros resultados da investigación sobre inmigración e memoria histórica daranse a coñecer no curso do Seminario Internacional “Migracións e Memoria Histórica”, que se celebrará no Consello da Cultura Galega os días 13 e 14 do vindeiro mes de xuño. Medio millón de descendentes de emigrantes españois (só un 7 por cento de exilados), o cincuenta por cento galegos, solicitaron a nacionalidade española, acolléndose á coñecida como Lei da Memoria Histórica, explicou Antonio Izquierdo Escribano, catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña, director do proxecto de investigación e do “Grupo de Estudos de Migracións e Memoria Histórica” da Universidade da Coruña e co-coordinador do seminario xunto con Ramón Villares, presidente do CCG. Na organización do programa, ademais do grupo citado, participa o Arquivo da Emigración Galega do CCG.
 
Antonio Izquierdo Escribano e Ramón Villares presentaron hoxe o seminario, no que intervirán profesores e investigadores das universidades de Buenos Aires (Arxentina), Zacatecas (México), León, Valencia, Santiago de Compostela e A Coruña. Nas sesións de traballo abordaranse os aspectos xurídicos, institucionais e históricos da Lei da Memoria Histórica, avaliaranse as súas repercusións migratorias, identitarias e políticas e daranse a coñecer os resultados da investigación da Universidade da Coruña sobre as repercusións migratorias da lei.

As sesións de traballo abriranse coa conferencia de Aurelio Miras Portugal, Director Xeral de Migracións sobre “As institucións e asociacións dos españois no mundo” e concluirán coa de Javier Garciadiego, director do Colegio de México, sobre “O exilio español en México e as súas repercusións na cultura hispanoamericana”. Entre os relatores figura asemade Francisco Caamaño, catedrático de Dereito Constitucional, deputado no Parlamento de Galicia e exministro de Xustiza, que falará sobre “A xestación da Lei da Memoria Histórica en España”.

A inscrición no seminario é gratuíta e as prazas, cen como máximo, cubriranse por orde de inscrición en: difusion@consellodacultura.org 

-O obxectivo xeral do seminario é avaliar as repercusións migratorias, identitarias, xurídicas e políticas da Lei da Memoria Histórica (2009-2011). Para elo será necesario tamén coñecer a magnitude das correntes migratorias desde Galicia cara outros países, especialmente de América, así como os exilios políticos provocados pola derrota republicana na guerra civil.

O seminario estrutúrase en tres grandes bloques. No primeiro examinaranse os aspectos xurídicos, institucionais e históricos da Lei da Memoria Histórica e as súas repercusións en España durante os últimos anos. No segundo bloque examinaranse exemplos de lugares de destino para a emigración (e o exilio) de españois en América (Arxentina, México). E no terceiro bloque presentaranse os primeiros resultados de investigación sobre inmigración e memoria histórica.

Antonio Izquierdo
Ramón Villares
Coordinadores 

Organización:  Arquivo da Emigración Galega
Lugar: Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º
andar Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela

Nenhum comentário:

Postar um comentário