El genocida de anfitrión veraniego en el Pazo de Meirás de la familia Borbón al completo |
Traducción Estación Atlántica
Os herdeiros do dictador impiden visitar As Torres desde fai seis meses -
Cultura, que non renovará o convenio cos propietarios, insiste en que
xa lles pediu un calendario de visitas
La Opinión A Coruña - Antares Pérez - Sada 12.06.2013
O BNG e a Comisión pola Memoria urgen a reapertura e critican a actitude permisiva da Xunta
Traspasado o ecuador do exercicio, a Consellería de Cultura segue sen fixar un prazo para a reapertura do pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 2008 e que abriu por primeira vez ao público en 2011 tras unha longa batalla xudicial. A Xunta consente un ano máis que os herdeiros do dictador incumplan o réxime de visitas ás Torres, que por lei ten que abrir polo menos catro días ao mes.
En resposta ao BNG, a Xunta alega que solicitou aos propietarios o calendario de visitas e que está á espera de obter unha resposta da familia, á que recordou por escrito a súa obrigación de abrir o pazo. O inmueble, de finais do século XIX, residencia de Emilia Pardo Bazán e regalado posteriormente ao dictador tras unha cuestación forzosa, continúa pechado baixo sete chaves. A Xunta non abriu un expediente á familia por pechar o pazo durante os seis primeiros meses do ano.
Na súa resposta parlamentaria aos nacionalistas, a Consellería de Cultura asegura que non renovará o convenio coa familia e que non colaborará máis no pago da seguridade, como fixo nos últimos anos a través duns convenios de colaboración que, denuncian os nacionalistas, non se benefician os propietarios doutros inmuebles declarados BIC.
O BNG criticou onte este "trato preferente aos descendientes do xeneral golpista" e asegurou que as arcas públicas han desembolsado ata 53.000 euros para afrontar parte dos gastos de seguridade que lle correspondería afrontar únicamente aos propietarios.
Os nacionalistas e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica esixen a apertura inmediata das Torres. Pronto chegará agosto, mes de veraneo dos Franco en Meirás e, de non tomarse medidas, o pazo abrirase para eles sen que ningún visitante poida penetrarse no recinto. O Goberno local de Sada non se pronunciou en todos estes meses sobre a pechadura das Torres que é, en opinión do BNG, "un importante foco de atracción de visitantes".
Nenhum comentário:
Postar um comentário