O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 22 de junho de 2014

Gloria Lago chama xenófobo a Castelao no seu blogue

Gloria Lago // Foto de  Sandra Alonso
A presidenta de Galicia Bilingüe cualifica ao autor de «Sempre en Galiza» como «botarate excluínte»
             
Gloria Lago revolucionou as redes sociais coa súa particular análise do discurso de coroación de Felipe VI o pasado xoves. Á presidenta de Galicia Bilingüe non lle fixo demasiada graza que o novo rei de España mencionase a Castelao como autor referencia das diversas culturas do Estado, e despachouse a gusto contra a figura histórica do autor de Sempre en Galiza. Gloria Lago cualifica a Castelao de «xenófobo» e «botarate excluínte» no último post do seu blogue.
 
«Aínda que faltou algunha lingua co-oficial, foi un detalle que dese as grazas en catalán vasco e galego. Por todo iso e por algúns ingredientes máis do discurso, poríalle un 8», di Gloria Lago sobre o discurso de Felipe VI. Eses puntiños que lle quedan para o 10 son, en palabras da presidenta de Galicia Bilingüe, que o novo rei reclamase protección especial para as linguas cooficiales («Cando hai nacionalistas á vista, é imprescindible evitar ambigüidades e frases chicle como estas», escribe) e, sobre todo, a referencia ao «xenófobo Castelao».
 
«Comparar a calidade literaria de Castelao coa de Machado, sería equiparable a comparar os meus debuxos do colexio coa Meninas», asegura Gloria Lago, que non se queda aí: «Don Felipe , mencionouno como pensador, e de aí o inadecuado da mención, dado o contido da obra deste auténtico botarate excluínte», delizó como crítica á elección do novo rei.
 
«As afirmacións excluíntes e despreciativas deste santón do nacionalismo galego, renxeron nun discurso que ata entón discorría pola senda do respecto á diversidade, e pola xusta aspiración a lograr unha sociedade baseada no civismo e na tolerancia cunha mentalidade aberta e un espírito solidario», debulla Gloria Lago, que pega no seu blogue pasaxes que atribúe a Sempre en Galiza. Para rematar, a cara visible de Galicia Bilingüe conclúe a súa post rememorando un episodio ocorrido nunha visita oficial do entón príncipe Felipe ao Museo Marco de Vigo: «Foi a primeira vez que vin en acción aos talibán galáicos [sic], eses que teñen a Castelao como o seu apóstolo. É unha mágoa que doce anos despois, aquel príncipe xa recentemente convertido en Rey , talvez por haber interiorizado que a cara A de Castelao, a que sempre se nos mostra, é a única, teña ensombrecido o seu discurso cunha mención ao ídolo daqueles intolerantes que quixeron boicotear a súa presenza en Galicia».

Nenhum comentário:

Postar um comentário