Imaxe do Sinaia © antonsaavedra.wordpress.com |
Marcos Pérez Tena - Praza Pública 12/6/14
O 13 de xuño de 1939 chegou ao porto mexicano de Veracruz o Sinaia, un buque que transportaba 1.600 persoas que fuxían do fascismo, que dous meses antes tomara Madrid, derrotando a República. O barco partira de Francia 19 días antes e nel viaxaba un bo número de republicanos galegos, entre eles Lorenzo Varela (homenaxeado no Día das Letras de 2005), o fotógrafo Francisco Souza Fernández, o arquitecto José Caridad Mateo, o historiador Ramón Iglesias Parga, ou o filósofo Adolfo Sánchez Vázquez.
Este venres celébrase o 75 aniversario da chegada do barco, e en Veracruz e na Coruña realizaranse actos simultáneos de homenaxe e recordo ao exilio republicano. Os actos coruñeses, organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), queren chamar tamén a atención sobre o "novo exilio económico que sofre a mocidade galega e española", como destaca Rubén Afonso Lobato, presidente da CRMH, que lembra que "120.000 galegos foron excluídos dunha sociedade na que se lles nega o futuro e vironse unha vez máis obrigados a embarcar cara un escenario sin referencias". "Construir unha sociedade inclusiva, exixe rematar co exilio", conclúe.
O acto completarase coa intervención de Alberto Fortes (Arquitectos sen Fronteiras) en representación da mocidade galega, que incidirá na denuncia do actual exilio económico. Tamén afondará noutro dos aspectos que centran os actos deste venres: a arquitectura republicana. De feito, dende este xoves pode verse no Obelisco (e o venres en María Pita) unha exposición sobre a arquitectura republicana, previa á Guerra Civil. Lembrarase moi especialmente a figura de José Caridad Mateo, que realizou o proxecto de urbanización da cidade universitaria da Coruña, que non chegou a levarse a cabo polo triunfo do fascismo. Era fillo do gobernador militar republicano Rogelio Caridad Pita, asasinado, pero que conseguiu salvar catro dos seus fillos, que viaxaron no Sinaia.
28 galegos e galegas no barco
(Listaxe de pasaxeiros nacidos en Galicia)
Alvarez Collazo, Rafael (Lavadores, Pontevedra)
AncaHermida, José (San Sadurniño, A Coruña)
Caridad Mateo, Carlos (A Coruña)
Caridad Mateo, José (Betanzos, A Coruña)
Caridad Mateo, Rogelio (Quiroga, Lugo)
Caridad Mateo, Vicente (A Coruña)
Condes Romero, Miguel (Vigo, Pontevedra)
Ferrer Ovide, Inocencio (Vilamartin, Ourense)
García Moreno, Juan (Santiago, A Coruña)
Gil Otero, Antonio (Ferrol, A Coruña)
Hermo Pérez, José (PoboaCaramiñal, A Coruña)
Iglesias Parga, Ramón (Santiago, A Coruña)
Jurado Romero, Sabino (Pontevedra)
Novo Romeo, Argentino (Ferrol, A Coruña)
López Bello, Heriberto (Ourense)
Losada Rodríguez, Ramiro (Rubián, Ourense)
Maside González, Ramón (Ourense)
Menendez Conde-García, Eugenio (Tui, Pontevedra)
Moyron Arias, Modesto (Valdeorras, Ourense)
Otero Vidarte, Francisco (Vilanova de Lourenzá, Lugo)
Rivero Mira, Jacinto (Ourense)
Rodriguez Rodríguez, Vicente (Monforte, Lugo)
Román Paz, Marcelino (Xermade, Lugo)
Salzman Ménendez, Alfredo (Monforte, Lugo)
Sousa Hermida, Manuel (Pontecaldelas, Pontevedra)
Souza Fernández, Francisco (A Coruña)
Testa Ventasela, Quintín (Ourense)
Valencia Fernández, Antonio (Ourense)
AncaHermida, José (San Sadurniño, A Coruña)
Caridad Mateo, Carlos (A Coruña)
Caridad Mateo, José (Betanzos, A Coruña)
Caridad Mateo, Rogelio (Quiroga, Lugo)
Caridad Mateo, Vicente (A Coruña)
Condes Romero, Miguel (Vigo, Pontevedra)
Ferrer Ovide, Inocencio (Vilamartin, Ourense)
García Moreno, Juan (Santiago, A Coruña)
Gil Otero, Antonio (Ferrol, A Coruña)
Hermo Pérez, José (PoboaCaramiñal, A Coruña)
Iglesias Parga, Ramón (Santiago, A Coruña)
Jurado Romero, Sabino (Pontevedra)
Novo Romeo, Argentino (Ferrol, A Coruña)
López Bello, Heriberto (Ourense)
Losada Rodríguez, Ramiro (Rubián, Ourense)
Maside González, Ramón (Ourense)
Menendez Conde-García, Eugenio (Tui, Pontevedra)
Moyron Arias, Modesto (Valdeorras, Ourense)
Otero Vidarte, Francisco (Vilanova de Lourenzá, Lugo)
Rivero Mira, Jacinto (Ourense)
Rodriguez Rodríguez, Vicente (Monforte, Lugo)
Román Paz, Marcelino (Xermade, Lugo)
Salzman Ménendez, Alfredo (Monforte, Lugo)
Sousa Hermida, Manuel (Pontecaldelas, Pontevedra)
Souza Fernández, Francisco (A Coruña)
Testa Ventasela, Quintín (Ourense)
Valencia Fernández, Antonio (Ourense)
Foi profesor da ETSA Xosé Luis Martínez, socio da CRMH, quen deu a idea de facer na Coruña unha homenaxe ao exilio republicano a través do Sinaia. 28 galegos e galegas viaxaron nese barco, segundo a información da base de datos do exilio galego, e na súa chegada a Veracruz máis de 20 mil persoas agardaban por eles. No porto, o secretario de Gobernación mexicano, Ignacio García Téllez destacou que "non vos recibimos coma náufragos da persecución ditatorial a quen misericordiosamente se lle bota unha táboa de salvación, senón como a defensores afoutos da democracia republicana e da soberanía territorial, que loitaron contra a maquinaria opresora ao servizo da conspiración totalitaria universal".
O filósofo Adolfo Sánchez Vázquez relatou así aquela travesía para A Nosa Terra: "Despois das calamidades que sufrimos, lembro unha grande ilusión. Durante a expedición desenvolvíase unha intensa vida cultural e mesmo se publicou un xornal. Coincidín na viaxe co poeta galego Lorenzo Varela. Camiñabamos cara un país que nos brindaba a posibilidade de refacer a nosa vida".
Nenhum comentário:
Postar um comentário