O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 22 de novembro de 2014

En memoria das vítimas do fascismo

Antón Louro se dirige a los asistentes, ante el monumento. // G.S.
 
O Concello inaugura o monumento aos fusilados o 12 de novembro de 1936
 
22.11.2014
"Foron executados por defender a Democracia", dixo José Luis Adrio, lendo unha carta remitida por Gonzalo Adrio, na inauguración do monumento ás vítimas da represión fascista, que foron fusilados o 12 de novembro de 1936 no lugar onde levanta o monumento esculpido por Sergio Portela para lembralos. O irmán e sobriño de dous fusilados lembrou neste acto de desagravio que "moitos corpos aínda seguen nas cunetas".
 
Aos seus 95 anos, Gonzalo Adrio, irmán e sobriño de dúas vítimas da represión fascista, fusilados o 12 de novembro de 1936, expresou a súa alegría porque o Concello de Pontevedra siga mantendo o recordo vivo dos seus familiares asasinados, así como de todas as vítimas do levantamento militar franquista. Fíxoo a través dunha carta que leu no seu nome José Luis Adrio, sobriño, durante a inauguración do monumento erixido na confluencia das rúas José Adrio Barreiro e Loureiro Crespo, co que o concello de Pontevedra quixo honrar a memoria das vítimas.
 
Na súa misiva, Gonzalo Adrio lembrou que moitos corpos daqueles que foron executados por defender a República e a orde constitucional, "aínda seguen nas cunetas".
 
Familiares
A inauguración do monumento ideado por Sergio Portela congregou a outros familiares das vítimas, entre eles Ramiro Paz. O promotor da iniciativa, o tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal socialista Antón Louro, resaltou que "aquel dez pontevedreses de ben, que hoxe lembramos vivamente e sen rancor, como dicía Gonzalo Adrio, quedan hoxe representados para sempre nun monumento á altura do seu sacrificio".
 
Un monólito que, como subliñou Louro, conservará os seus nomes gravados no granito de Galicia. Son os nomes de Amancio Caamaño, Telmo Bernárdez, Luís Poza, Paulo Novás, Germán Adrio, Benigno Rei, Ramiro Paz, José Adrio, Víctor Casas e Juan Rico. "Todos eles memoria viva de Pontevedra, de Galicia e de España, memoria viva da loita pola Democracia e pola Liberdade", como indicou Louro.
 
"Hoxe temos a honra de estrear este monumento civil, un monumento de todos e para todos", destacou o socialista, obra "que pretende ser un fito cravado nas entrañas de Pontevedra que lembre, para sempre, ás xeracións futuras, aquel triste episodio que constitúe a ferida máis sanguenta na memoria histórica da cidade", engadiu o tenente de alcalde. "Un monólito cravado nas entrañas de Pontevedra e que se ergue dereito e firme; un monumento aos mortos, pero que, sobre todo e primeiro de nada, é un monumento á vida", dixo Louro.
 
Tamén o alcalde, Miguel Lores, participou no acto para lembrar que o actual goberno municipal está a honrar a memoria das vítimas do franquismo desde 1999. Naquel ano, o Concello de Pontevedra aprobou unha moción, presentada polo grupo municipal socialista, para dedicar a rúa na que onte se inaugurou o monumento á memoria deste dez mártires da Democracia fusilados en 1936.
 
Cambios na nomenclatura das rúas e outros monumentos e recoñecementos trataron ao longo deste quince anos de recuperar a memoria das vítimas, lembrou o alcalde.

Nenhum comentário:

Postar um comentário