O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 27 de novembro de 2014

O dictador predilecto

Francisco Franco saúda aos coruñeses nunha das súas visitas á cidade
A Opinión A Coruña
 
Traducción Estación Atlántica
O Goberno municipal de Francisco Vázquez negouse en 2004 a aceptar a petición do BNG de retirar a condición de fillo predilecto da cidade ao dictador Francisco Franco
 
Miguel Rodríguez -   A Coruña 23.11.2014
En 2004, o Goberno local de Francisco Vázquez negouse a retirar a distinción do dictador Francisco Franco como fillo predilecto da cidade, solicitada polo BNG. O regidor, que defendía que a súa postura era a de todo o PSOE local, opúxose porque "hai que mirar ao futuro, non ao pasado". O título retirouse en 2010 co voto de socialistas e nacionalistas.

O exalcalde socialista, Francisco Vázquez, non quixo aproveitar os seus últimos anos á fronte do Goberno municipal para retirar o título de fillo predilecto da cidade ao dictador Francisco Franco, ao que se lle outorgou esta distinción o 10 de outubro de 1936, tres meses despois de que se iniciase o levantamiento militar que desembocou na Guerra Civil. "Hai que mirar ao futuro, non ao pasado", afirmaba Vázquez fai agora dez anos a raíz da proposta do BNG de retirar este título ao dictador.

O acordo que nos nacionalistas pretendían que fose aprobado pola Corporación constaba de tres puntos: revogar o título concedido a Franco "por ser froito dunha decisión tomada en ausencia de liberdade e democracia, e baixo coacción"; reafirmar a vontade institucional de contribuír á defensa das liberdades e a democracia, "negándolle o recoñecemento social da cidade á figura do xeneral Franco e aos seus crimes"; e trasladar o acordo a Xunta e Goberno.

O por aquel entón portavoz do grupo municipal, Henrique Tello, e o edil Manuel Monge, presentaron a iniciativa o 19 de novembro, un día antes da morte do dictador. "Non se trata de borrar a historia, senón de borrar un recoñecemento social. Isto é un problema de dignidade", afirmou Tello.

A negativa do PSOE a secundar a iniciativa nacionalista uniuse á decisión do PP de non votar a favor da proposta porque "o pasado, pasado está" e "hai que mirar ao futuro", en palabras do entón portavoz dos conservadores, Fernando Rodríguez Corcoba.

Pese á negativa de Vázquez á proposta do Bloque, o entón alcalde facía alarde dunha política de recuperación da memoria histórica "exemplar". "A Coruña garda un respecto cara ao pasado como posiblemente non hai en ningunha outra cidade ata o punto de que os nomeamentos de medalla de ouro e fillos predilectos dos gobernos da República non foron derrogados polos concellos franquista", argumentaba o socialista tras afirmar que ninguén como el "andou movendo cadros e placas" nunha "natural" recuperación da memoria histórica da cidade.

Nenhum comentário:

Postar um comentário