En 1934
"muero contento, porque equivocado o no, muero por una idea"
(frase da carta de despedida aos seus pais e irmáns)
Manuel era un mozo de 23 anos nacido en Ferrol, Auxiliar de Oficinas e Arquivos da Mariña destinado no cruceiro Almirante Cervera.
O 19 de xullo no Arsenal Militar da cidade xunto á dotación do seu buque resisten que sexa tomado polos sublevados.
O día 21 cando son obrigados a entregarse, os seus accíons activas na loita leváronlle a ser detido e estar incomunicado ata o mes de outubro, constando o único incomunicado dos seus compañeiros.
Entre outras acusacións, das que ten polo menos ata catro, foi acusado de promotor da rebelión no seu buque, acusación que no contemplaba a conmutación de pena.
Foi condenado a pena de morte a pesar de que o seu pai militar fixo todo o que estaba ao seu alcance para salvalo, pero os seus propios compañeiros militares non tiveron nin un atisvo de clemencia co seu fillo.
Foi fusilado logo de case tres anos de prisión no campo de concentración da Escollera no mesmo Arsenal, o seu pai puido recuperar o seu cadaver e darlle sepultura primeiro no cemiterio de Canido e máis tarde foi traladado ao de Catabois donde descansa nun nicho xunto a case ao totalidade da súa familia.
O seu crime creo unha inmensa dor entre os seus pais e irmáns que nunca puideron superar a perdida do primogenito home e o irmán maior.
Os seus irmáns tomaron a decisión de que os seus primoxénitos levarian o nome do seu irmán. O meu pai ao nacer o meu irmán dixo: "Franco matou a un Manuel Barreiro, pero aqui hai outro".
Nenhum comentário:
Postar um comentário