Este venres, 9 de marzo, TERTULIA do IEM coa catedrática de Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da USC. É presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.
O faladoiro enmarcase dentro do ciclo "Mulleres na Historia" que o IEM, en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura", organiza ao longo de todo o mes de marzo. A nosa convidada será presentada pola profesora Pilar Barreiro, membro da Xunta de Goberno do IEM.
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 17 de febreiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org
Aurora Marco naceu en Teruel. Licenciada en Filoloxía pola USC, pola que é doutora e na que é catedrática de Lingua e Literatura Galega. Ten desenvolvido unha ampla labor na edición crítica de obras de López Ferreiro, Otero Pedrayo, Tomás Barros, Avilés de Taramancos..., publicacións diversas sobre Literatura Galega e Didáctica da Lingua. Traballou con intensidade sobre as mulleres escritoras en As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras, (2002), Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007). En 2011 publicou Mulleres na guerrilla antifranquista galega, obra que centrará a súa atención neste faladoiro. Nesta crónica das mulleres silenciadas porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectas ao novo réxime e pola súa condición feminina. Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior.
Nenhum comentário:
Postar um comentário