A escopeta de Foucellas é en realidade o fusil de Manuel Vilar Arnoso
Ocorreu hai 60 anos. En marzo de 1952 detiveron a Foucellas en Oza dos Rios. Con él estaba, Manuel Vilar Arnoso, Manoliño, home de Fene, natural do Sartego. Segundo veciños da zona, era carpinteiro e traballaba en Bazan. Fora despedido do estaleiro con ocasión da folga do aceite en 1946. Entraron en contacto con el e botouse ao monte coa guerrilla antifranquista.
RadioFusiòn 17/03/2012 • Autor: Redacción
Segundo o investigador Luis Lamela, atopábase na base naval da Graña cumprindo o servizo militar. Dalí escapa cun fusil Mauser e pouco despois aparece xa na partida de Foucellas, na zona de Oza dos Ríos. O 9 de marzo de 1952, hai 60 anos deteñen a Foucellas e o médico forense atestigua a morte de Manuel Vilar Arnoso con duas feridas de bala no cráneo con orificio de entrada e saida. Para Lamela, o fusil Mauser que actualmente se expon no Museo do Exército da Coruña como a escopeta de Foucellas, é en realidade a arma coa que fuxiu Manuel Vilar da base naval da Graña. A Foucellas aplicáronlle o garrote vil no carcere da Coruña hai 60 anos, pero o seu nome quedou no mundo rural galego como sinónimo dos guerrilleiros antifranquistas. Segundo Lamela "nunhas zonas se lle recorda e reccoñece como un heroe, e noutras se opina que Foucellas foi o maior bandolero e bandido do monte".
O 9 de marzo
O 9 de marzo de 1952 a garda civil detén en Oza do Rios a Benigno Andrade "Foucellas" o guerrilleiro antifranquista de máis sona naquela época. Na mesma operación lle ocasionan a morte a Manuel Vilar Arnoso "con dous disparos limpos no cráneo". Benigno non ten un só rasguño no tronco do seu corpo, sen embargo as súas catro extremidades teñen feridas de bala. Querían, costase o que costase, collelo vivo. Segundo Lamela, "a forza pública non necesitaba deter máis que a Foucellas. Consideraban que era o golpe propagandístico definitivo contra a guerrilla, que xa deixara de operar habia algúns anos".
Foucellas tiña pola sua detención, se non leín mal o livro do Lamelas, seis feridas de bala: tres nunha perna, a derieta na rodilla, e unha en cada unha das demais: a outra perna e cada brazo, tres. Un GC morreu na detención, mais Foucellas non foi acusado desta morte. Foucellas non foi culpado de ninguna morte. O tribunal tampouco.
ResponderExcluir